00:00:00
 +/- 20s

Pleno Ordinario 01-03-2019

Canal Plenos
Título Pleno Ordinario 01-03-2019
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2015 - 2019)
 
Data 1 de Marzo de 2019, 12:08
Duración 1h. 33m.
Descrición Pleno Ordinario 01-03-19
 

Orde do día do Pleno ordinario que terá lugar o venres, 1 de marzo de 2019, ás DOCE HORAS.

 

ASUNTOS

 

Actas

 

1.-Aprobación da acta da sesión anterior, número 1/2019, do 1 de febreiro.

 

2.-Toma de coñecemento das resolucións ditadas pola Presidencia, desde o 29 de xaneiro de 2019 ata o 25 de febreiro de 2019.

 

3.- Toma de coñecemento da comunicación dos grupos políticos coa adscrición dos/as deputados/as ás Comisións Informativas e das modificacións efectuadas.

 

4.-Proposición da Presidencia sobre ratificación de resolucións da presidencia sobre recursos contencioso-administrativos contra acordos plenarios

 

5.-Proposición da Presidencia sobre o nomeamento de representante da Deputación na Axencia de Turismo de Galicia.

 

Comisión de Cultura e Normalización Lingüística

 

6.-Concesión da subvención nominativa á Federación de Libreiros de Galicia para financiar as "Feiras do Libro na provincia e a Gala do Libro Galego 2018" e aprobación do correspondente convenio.

 

7.-Concesión da subvención nominativa á Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario para financiar a "Programación do ano 2018" e aprobación do correspondente convenio de colaboración.

 

8.-Concesión de subvención nominativa ao Consorcio para a Promoción da Música para cofinanciar o "Programa de actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia no ano 2019" e aprobación do correspondente convenio de colaboración.

 

Comisión de Deportes e Mocidade

 

9.-Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Sociedade Deportiva Negreira polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento dos gastos da participación en competicións deportivas durante o ano 2017.

 

Comisión de Infraestruturas viarias, vías e obras provinciais e medio ambiente

 

10.-Aprobación do Plan de conservación de vías provinciais 2019, primeira fase.

 

11.-Desestimación das alegacións presentadas na fase de exposición pública da aprobación inicial do proxecto modificado nº 1 do de DP 1914 Mellora da seguridade viaria na DP 1914 ao seu paso pola travesía de Bembibre PQ 21+860 ao 22+190 (Val do Dubra), código 18.1130.0002.0 incluído dentro do Plan de travesías 2018, 2ª fase, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 29 de xuño de 2018 e publicado no BOP nº 129 do 9 de xullo de 2018 e ratificación do citado acordo.

 

12.-Aprobación da modificación dun proxecto promovido polo Concello de Laxe no marco da 2ª fase do Plan adicional ao Plan provincial de medio ambiente (PMA) 2016.

 

13.-Inadmisión das alegacións presentadas por V.F.P. en representación dos afectados polas obras incluídas no proxecto DP 0801 de Fraga ao Casal de Santa Marta de Babío por S. Victorio ampliación e senda, no P.K. 0+000 ao 0+790 (Bergondo).

 

Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamento

 

14.-Aprobación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Cariño para financiar renovación urbana de rampla do Castro e contorna.

 

15.-Aprobación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Lousame para financiar as obras de pavimentación de camiño en Cernande (Lousame).

 

16.-Aprobación do convenio de cooperación entre a Excma. Deputación da Coruña e o Concello de Curtis para cofinanciar a adquisición e obras de urxencia da casa da pintora María Antonia Dans para a creación dunha casa-museo.

 

17.-Aprobación da modificación do modelo de acordo adoptar polas entidades locais para a súa adhesión á Central de Contratación da Deputación Provincial da Coruña e a modificación do modelo de convenio a subscribir entre a Deputación Provincial da Coruña e as entidades locais para a súa adhesión á Central de contratación da Deputación Provincial da Coruña, co fin de adaptalo á Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE/, de 26 de febreiro de 2014.

 

Comisión de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico

 

18.-Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Beirarrúas na 2ª e 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo", do Concello da Laracha, incluído na primeira fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ Adicional 1/2018 co código 2018.2001.0660.0

 

19.-Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Reforma e acondicionamento da Rúa Outeiro Baixo", do Concello de Porto do Son, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2018 co código 2018.2000.0279.0, e aprobación definitiva do investimento.

 

20.-Aprobación do proxecto modificado da obra denominada "Cubrición da pista polideportiva en Mondego Fase I" do Concello de Sada, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2017 co código 17.2100.0069.0

 

21.-Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Abegondo para o financiamento da obra de "Pozo de bombeo nº2, Impulsión e colectores en Orto e Crendes"

 

22.-Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Laxe para o financiamento de "Mellora da eficiencia enerxética alumeado exterior en rúas Rosalía de Castro, Vila Amparo e outras"

 

23.-Aprobación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Cambre polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das actividades da "III ROMARIA GALAICO ROMANA - GALAICOI"

 

Comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior

24.-Aprobación do informe sobre o estado de tramitación das facturas correspondentes ao cuarto trimestre de 2018 na Deputación Provincial e no Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, en aplicación do establecido na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

25.-Aprobación da información rendida ao Ministerio de Facenda e Administración Públicas en cumprimento do artigo 16 da Orde HAP/2105/2012 do 1 de outubro. Execución cuarto trimestre exercicio 2018 na Deputación Provincial da Coruña e no Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, e do estado consolidado.

26.-Dación de conta do informe do estado de execución dos investimentos financeiramente sustentables aprobados nos exercicios 2014- 2018.

27.-Dación de conta do informe sobre recursos provinciais asignados a concellos e outras entidades locais da provincia, así como a entidades, persoas físicas ou xurídicas no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2018.

28.-Aprobación da proposta da Presidencia sobre o informe de resolución de discrepancias ao que se refire o artigo 218.1 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

29.-Dación de conta da liquidación do orzamento da Deputación provincial correspondente ao exercicio 2018.

30.-Dación de conta da liquidación do orzamento do Consorcio Provincial Contraincedios e Salvamento da Coruña correspondente ao exercicio 2018.

31.-Dación de conta do expediente de modificación de créditos 1/2019 de incorporación de remanentes, de aprobación pola Presidencia.

32.-Aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 1/2019.

33.-Toma de coñecemento da Resolución da Presidencia número 6729 do 19/02/2019 pola que se nomea a comisión de control interno co fin de realizar a comprobación dás operacións de recadación levadas a cabo polo Servizo de Recadación e polas oficinas de zona nos exercicios 2017 e 2018.

34.-Dación de conta dos resultados do Plan de control financeiro sobre as subvencións pagadas no exercicio 2014.

35.-Dación de conta do Plan parcial de control financeiro da deputación para o exercicio 2019, referido ás subvencións pagadas no exercicio 2015.

36.-Dación de conta da acta da Comisión Liquidadora dos estados contables procedentes da recadación do exercicio 2016 (RP Núm. 14588/2017, do 8 de maio), realizada no exercicio 2017.

37.-Toma de coñecemento da Resolución da Presidencia número 1213 do 15/01/2019, de cesamento de persoal eventual e da Resolución da Presidencia número 1214 do 15/01/2019, de nomeamento de persoal eventual.

 

 

ACTUACIÓN DE CONTROL

MOCIÓNS

-Moción do Grupo Provincial Popular a favor da igualdade

 

-Moción dos Grupos Provinciais de BNG-Asembleas Abertas e PSdG-PSOE con motivo do 8 de marzo

 

ROGOS E PREGUNTAS

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax