00:00:00
 +/- 20s

Pleno Extraordinario 14-04-2023

Canal Plenos
Título Pleno Extraordinario 14-04-2023
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019 - 2023)
 
Data 14 de Abril de 2023, 13:22
Duración 19 min.
 

Orde do día dos asuntos que se van tratar na sesión plenaria extraordinaria e urxente que terá lugar o venres, 14 de abril de 2023, ás 12:30 horas.

ORDE DO DÍA

Información e actas

1. Ratificación da urxencia.

Comisión de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento

2. Aprobación dun convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a UNIVERSIDADE DA CORUÑA para a cesión dos terreos para a construcción dun edificio destinado a escenario virtual e outros servizos financiados con fondos next Generation.

3. Aprobación dun convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela para a cesión gratuita do edificio da Casa da Xuventude, para o seu uso como local de recadación da Deputación, espazo de coworking e usos municipais, e de cofinanciamento das obras de adaptación, redacción do proxecto de rehabilitación e contratación e realización das obras de rehabilitación.

4. Aprobación dun convenio de cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o concello de ABEGONDO polo que se instrumenta unha subvención nominativa para a Mellora da seguridade viaria na estrada DP-0105 entre O Barral de Arriba (Cos) e o Fontao (Meangos).

5. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de CARRAL polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de mellora da seguridade peonil

6. Aprobación dun convenio de cooperación co concello de FISTERRA polo que se instrumente unha subvención nominativa para cofinanciar o proxecto "Mercado Cultural" Adaptación para Centro Cultural da Planta Alta do Mercado Municipal de Fisterra (2º modificado)

7. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de OZA-CESURAS polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Mellora do firme da estrada de acceso as parroquias de Cutián, Figueredo, Carrés e Probaos

8. Aprobación dun convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de TRAZO polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Conservación camiños Alta e Baixa.

9. Aprobación do expediente de contratación da subministración de vehículos con destino ao Parque Móbil da Deputación provincial da Coruña, mediante arrendamento con mantemento ("renting")

Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible

10. Aprobación da formalización dun convenio administrativo de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, para regular a encomenda de xestión a favor da Deputación Provincial da Coruña, para a realización das obras recollidas no proxecto Acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela-Cerceda para uso como Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle /tramo 1(T.M. de Santiago de Compostela) - "Vía Verde_Santiago. Tramo 1"

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax