00:00:00
 +/- 20s

Pleno ordinario 31-05-2024

Canal Plenos
Título Pleno ordinario 31-05-2024
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2023 - 2027)
 
Data 31 de Maio de 2024, 12:07
Duración 1h. 19m.
 

Orde do día dos asuntos a tratar no Pleno ordinario que terá lugar o venres, 31 de maio de 2024, ás 12:00 horas.

 

ASUNTOS

Información e actas

1. Aprobación da acta da sesión anterior, número 5/2024, de 26 de abril.

2. Dación de conta das Resolucións da Presidencia desde o 20 de abril ata o 24 de maio de 2024.

 

Comisión de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís

3. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao Concello de Santiago de Compostela para cofinanciar o sostemento dos centros Socioculturais do ámbito rural durante o ano 2023

4. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao Concello de Santiago de Compostela para cofinanciar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche durante o ano 2023

5. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa á Real Academia Galega de Ciencias para cofinanciar o Curso: Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial.

 

Comisión de Política Social, Educación e Mocidade

6. Aprobación da concesión de subvención nominativa á Asociación Banco de Alimentos Rías Altas para o cofinanciamento da Adquisición de alimentos de primeira necesidade e contratación de persoal e do correspondente convenio de colaboración.

7. Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) para o financiamento do POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024.

 

Comisión de sectores produtivos: Mar e Medio Rural

8. Aprobación do convenio entre a Deputación e o Concello de Mesia para financiar o proxecto "Aula da Natureza- Museo Etnográfico das Brañas de Valga" ano 2024

 

Comisión de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais

9. Aprobación do proxecto da obra DP 1914 Carballo a Portomouro, Mellora de firme con MBQ, punto quilométrico 23+500 ao 26+500 (VAL DO DUBRA), incluído no Plan de Conservación 2024

10. Aprobación do proxecto DP 5604 de Outes á Pereira por Pesadoira. Mellora de capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente, punto quilométrico 19+240 ao 20+631 (SANTA COMBA), incluído no Plan de Investimentos en Vías Provinciais 2024.

11. Aprobación do proxecto da obra DP 7304 Xarás a Olveira. Mellora de capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente, punto quilométrico 0+000 ao 4+000 (RIBEIRA), incluído no Plan de Conservación 2024

 

Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamentos

12. Aprobación da modificación do acordo plenario número 16 de data 22 de decembro de 2023 relativo á aprobación da prórroga do convenio de cooperación entre a Excma. Deputación Provincial e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos do Concello da Coruña para a xestión compartida do Teatro Colón polo IMCE desde o día 1 de xaneiro do 2024 ata o día 31 de decembro de 2024, ao producirse un erro material na aplicación orzamentaria

13. Aprobación da convalidación das actuacións do proxecto modificado das obras de reforma de rehabilitación do estadio municipal da Malata, obxeto dun convenio de cooperación entre a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o seu cofinanciamento

14. Aprobación do convenio de cooperación entre a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Rosalía de Castro polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o financiamento das obras de reforma do Xardín da Casa de Rosalía

15. Dación de conta da resolución de presidencia 20646 de 20 de maio de 2024 pola que se considera que Concello de Santiago de Compostela desiste da formalización do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela para a cesión gratuíta do edificio da casa da xuventude, para o seu uso como local de recadación da Deputación, espazo de coworking e usos municipais, e de cofinanciamento das obras de adaptación, redacción e aprobación do proxecto necesario para a rehabilitación e a posterior contratación da realización das obras de rehabilitación e aceptar a cesión de uso gratuita á Deputación Provincial da Coruña, do edificio da Casa da Xuventude, aprobado polo Pleno desta Corporación, na sesión plenaria celebrada en data 14 de abril de 2023

16. Aprobación do texto e a formalización do Convenio de Cooperación entre a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Vilasantar polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de implantación dun Punto Limpo

17. Aprobación do texto e a formalización do Convenio de Cooperación entre a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Outes polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de ampliación e renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal de "O Conchido".

18. Aprobación da concesión de subvención nominativa, por importe de 1.500.000,00 €, ao Consorcio para a Promoción da Música para cofinanciar o Programa de actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia no ano 2024, cun orzamento subvencionado de 2.120.000,00 €.

 

Comisión de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios

19. Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2024

20. Aprobación da segunda modificación das Bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2024 para engadir as bases 13 e 14 para regular o POS+Adicional 2/2024 e 3/2024 e os seus anexos

21. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Mellora da rede viaria nos lugares de Penateixa (A Gándara), O Formigueiro (Senra) e Cas e Casas Novas (Os Ánxeles)" do Concello de Oroso, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2023 co código 2023.2000.0194.0

22. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Pavimentación e sinalización de viais de comunicación nos lugares de Outeiro e Boaña de Abaixo" do Concello de Santa Comba, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2021 co código 2021.2000.0269.0

 

Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital

23. Aprobación da toma de coñecemento da información do período medio de pago a provedores (PMP) e da relación detallada das facturas pagadas pola Deputación provincial e polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, correspondente a abril de 2024.

24. Dación de conta da remisión, ao Ministerio de Facenda, da información da execución orzamentaria da Deputación Provincial e do seu ente dependente correspondente ao primeiro trimestre de 2024.

25. Dación de conta do informe sobre o estado de execución orzamentaria correspondente a marzo de 2024 e proxección a 31/12/2024.

26. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 3/2024 de aprobación polo Pleno.

27. Aprobación da modificación das Bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.

28. Aprobación da modificación do Regulamento de xestión de aprazamentos e fraccionamentos.

29. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Culleredo (Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

30. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Trazo (recadación executiva).

31. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Camariñas (Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

32. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Coristanco respecto do Plan Xeral de Prevención de Riscos e de Medidas Anti-fraude da Deputación Provincial da Coruña (PLAN PREMADECOR).

33. Aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo 2024.

 

Comisión de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria

34. Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia, para a execución do "Plan de sustentabilidade turística Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra" no marco do Plan de Recuperación, Transformación, e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU

 

Comisión de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente

35. Aprobación da formalización dun convenio administrativo coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para cofinanciar o proxecto de "Servizo de Intermediación Laboral para as persoas con discapacidade Provincia da Coruña 2024".

36. Aprobación da prórroga e vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Miño para financiar o proxecto "Posta en marcha dun espazo de traballo colaborativo "COWORKING MIÑO", no Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación", no marco do Plan de Emprego Local (PEL).

 

ACTUACIÓN DE CONTROL:

 

MOCIÓNS

Moción que presentan os Grupos Provinciais do PSdeG-PSOE e BNG relativa á rexeneración da Ría do Burgo

Moción do Grupo Provincial Popular relativa á situación da Garda Civil na Provincia da Coruña.

 

ROGOS E PREGUNTAS

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax