00:00:00
 +/- 20s

Pleno ordinario 24-07-2024

Canal Plenos
Título Pleno ordinario 24-07-2024
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2023 - 2027)
 
Data 24 de Xullo de 2024, 12:10
Duración 32 min.
 

Orde do día dos asuntos a tratar no Pleno ordinario que terá lugar o mércores, 24 de xullo de 2024, ás 12:00 horas.

 

ASUNTOS

Información e actas

1. Aprobación da acta da sesión anterior, número 7/2024, de 28 de xuño.

2. Dación de conta das Resolucións da Presidencia desde o 22 de xuño ata o 16 de xullo de 2024.

 

Comisión de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís

3. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para cofinanciar actividades de cultura tradicional, os Premios Mestre Mateo e actividades culturais na rúa.

4. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao Auditorio de Galicia para cofinanciar o Programa de actividades do ano 2024.

5. Aprobación da concesión de subvención nominativa ao Concello da Coruña para cofinanciar o Mantemento xeral da casa de acollida e dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma, anualidade 2024, de acordo ao Protocolo de acceso á Rede Galega de Acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero da Xunta de Galicia e ao Programa de apoio á rede de acollemento para mulleres en situación de violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña (PRAM) e o correspondente convenio de colaboración.

6. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa á Mesa pola Normalización Lingüística para financiar o proxecto A liña do galego no ano 2024.

7. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa á Asociación Cultural Correlingua para cofinanciar o proxecto "Correlingua 2024 na Provincia da Coruña. Dende aquí até acolá, galego xa!".

 

Comisión de Política Social, Educación e Mocidade

8. Aprobación da concesión de subvención nominativa ao Consorcio As Mariñas para cofinanciar o Mantemento do Servizo de asesoría xurídica social especializada no ano 2024 e o correspondente convenio de colaboración.

9. Aprobación da concesión de subvención nominativa á Fundación Paideia Galiza para cofinanciar o Programa de voluntariado social en países europeos para mocidade desempregada no ano 2024: accións informativas e formativas e do correspondente convenio de colaboración.

10. Aprobación da concesión de subvención nominativa á Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela para Financiar o reparto de alimentos na zona sur da provincia da Coruña, ano 2024 e o correspondente convenio de colaboración.

 

Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamentos

11. Aprobación da modificación da cláusula XIII relativa ao prazo de vixencia do Convenio subscrito co concello de Betanzos polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de recuperación de espazos públicos para a veciñanza, ata o 31 de outubro de 2025 condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente e ao cumprimento dos obxectivos da Lei de Estabilidade Orzamentaria.

 

Comisión de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios

12. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Acondicionamento dos camiños de Caraña e a Veiga", do Concello de Betanzos incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2022, co código 2022.2000.0115.0.

13. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Saneamento en Borreiros" do Concello de Cee incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+2022 co código 2022.2000.0145.0.

14. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Sinalización e mellora da iluminación do entorno do santuario de Nosa Señora da Barca", do Concello de Muxía incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ Adicional 2/2020, co código 2020.2102.0355.0.

15. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Pista polideportiva e dúas pistas de padel no espazo deportivo de Atios" do Concello de Valdoviño, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2021, co código 2021.2000.0295.0.

16. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Colectores de saneamento en Fontao" do Concello de Vedra, incluído na primeira fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+Adicional 2/2023 co código 2023.2102.0436.0.

 

Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital

17. Dación de conta da aprobación pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) das contas anuais do exercicio 2023.

18. Dación de conta da tramitación polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña da Conta Xeral do exercicio 2023.

19. Aprobación definitiva da Conta Xeral do Orzamento da Deputación provincial do exercicio 2023.

20. Aprobación definitiva dos estados consolidados da Conta Xeral do exercicio 2023.

21. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 4/2024 de aprobación polo Pleno.

22. Dación de Conta da remisión de información ao Consello de Contas da avaliación do entorno de control: control interno, contratos e convenios dos exercicios 2021 a 2023.

23. Dación de conta da remisión dos resultados da actividade de control interno económico - financeiro do exercicio 2023 á oficina independente de regulación e supervisión da contratación pública (OIReScon).

24. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Narón (Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

25. Dación de conta da liquidación provisional da recadación voluntaria do 1º semestre de 2024 ás entidades públicas usuarias dos servizos tributarios.

26. Aprobación inicial do Regulamento da carreira profesional horizontal da Deputación da Coruña.

27. Aprobación definitiva da modificación da relación de postos de traballo, cadro de persoal e organigrama 2024.

28. Dación de conta da resolución de presidencia número 27520 relativa a persoal eventual.

29. Aprobación da Proposta da Presidencia ao Pleno do 24 de xullo de 2024 sobre cambio de data da sesión ordinaria do oitavo mes de 2024.

 

Comisión de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria

30. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Laracha polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento da "Renovación expositiva do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar".

31. Aprobación da designación de representantes e suplentes da Deputación Provincial da Coruña nas comisións de seguimento dos Plans de Sostibilidade en Destino (PSTD): Centro histórico de Ferrol e Patrimonio militar da Costa Ártabra, Xeoparque Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Os Fogóns do Anllóns e Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

32. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Corcubión polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das Representacións históricas en torno desembarco das tropas do Arcebispo "Rodrigo de Luna" e da loita cos cabaleiros dos "Condes de Altamira" en Corcubión no ano 1457.

 

Comisión de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente

33. Aprobación da Ordenanza Xeral de Subvencións e Transferencias da Deputación Provincial da Coruña.

34. Aprobación da prórroga do prazo de execución e vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e a Fundación Paideia Galiza para financiar o proxecto "Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo" no marco do Plan de Emprego Local (PEL).

 

Comisión de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais

35. Aprobación técnica do proxecto da obra Mellora da Seguridade Viaria na DP4804 Ponte do Porco a Vilamateo Punto Quilométrico 0+00 - 1+340 (Miño e Paderne) incluído no Plan de Vías Provinciais 2024.

 

ACTUACIÓN DE CONTROL:

MOCIÓNS

ROGOS E PREGUNTAS

 

 

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax