00:00:00
 +/- 20s

Pleno Ordinario 23-06-2022

Canal Plenos
Título Pleno Ordinario 23-06-2022
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2019 - 2023)
 
Data 23 de Xuño de 2022, 12:00
Duración 2h. 39m.
 

Orde do día dos asuntos que se van tratar na sesión plenaria ordinaria do 23 de xuño de 2022, ás 12:00 horas.

 

ASUNTOS

 

Información e actas

1. Aprobación das actas plenarias: ordinaria número 5/2022, do 27 de maio e extraordinaria número 6/2022, do 1 de xuño

2. Dación de conta das Resolucións da Presidencia desde o 21 de maio de 2022 ata o 17 de xuño de 2022.

 

Comisión de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística

3. Aprobación da prórroga do Convenio de colaboración co Concello da Coruña para Mantemento xeral da casa de acollida e dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma, anualidade 2022, de acordo ao Protocolo de acceso á Rede Galega de Acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero da Xunta de Galicia e ao Programa de apoio á rede de acollemento para mulleres en situación de violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña (PRAM)

 

Comisión de Benestar Social e Educación

4. Aprobación da concesión de subvención nominativa á Fundación Paideia Galiza para cofinanciar o Programa de voluntariado social en países europeos para mocidade desempregada no ano 2022: accións informativas e formativas e do correspondente convenio de colaboración.

 

Comisión de Infraestructuras Viarias, Vías e Obras Provinciais

5. Aprobación técnica do Plan de Vías Provinciais (VIPI) 2022, quinta fase integrado polo proxecto DP 3903 Adragonte a Vilamateo por Ambroa, ampliación e mellora da seguridade vial, pq 4+640 a 6+490 (Irixoa e Vilarmaior)

 

Comisión de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento

6. Aprobación dun convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello da Coruña para a autorización de utilización do polideportivo do I.E.S Rafael Puga Ramón para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais, onde se concretan as obrigas das partes, e sen que implique coste económico para a Deputación Provincial da Coruña.

7. Aprobación dun convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Coruña para a autorización de utilización do polideportivo do Centro "Rosalía Mera" (antes Calvo Sotelo) para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais

8. Aprobación da modificación da vixencia do Convenio subscrito co concello de Pontedeume polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de Reforma interior e mellora da accesibilidade do centro social de Vizús (antiga escola unitaria de Centroña)

9. Aprobación dun convenio de cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Boqueixón polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Mellora do viario da Moa a Pena

10. Aprobación dun convenio de cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o concello de Cedeira polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de substitución do pavimento do polideportivo municipal.

11. Aprobación dun convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Vimianzo polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Mellora da capa de rodaxe e da seguridade viaria da estrada que vai dende a DP-1603 ata o límite do concello con Muxía

12. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Oroso polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Acondicionamento de zona de ocio e deportiva en Porto Avieira

13. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Pontedeume polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Mellora de pavimentos e servizos no Camiño Estreito e na marxe dereita da Avenida da Coruña.

14. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Moeche polo que se instrumenta unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de Melloras no abastecemento de Moeche: captación e impulsión a depósito existente

15. Aprobación dun Convenio de Cooperación entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Carral polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de Reforma de pistas deportivas na rúa Paléo

 

Comisión de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural

16. Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2022

17. Aprobación do proxecto modificado do investimento denominado "Saneamento en Vigo", do Concello de Padrón, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+Adicional 2/2020, co código 2020.2102.0363.0

18. Aprobación da modificación do convenio entre a Deputación da Coruña e a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal para o financiamento do proxecto "Actividades Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal"

19. Desestimación das alegacións do Concello de Ordes formuladas respecto da aprobación da base 13.4.2 apartado A do POS+ Adicional 2/2022, 2ª fase

20. Aprobación do convenio de cooperación interadministrativa entre a Deputación Provincial da Coruña e o concello de Ames para cofinanciar o proxecto "Creación dun área de autocaravanas en Bertamirans"

21. Aprobación do convenio de cooperación interadministrativa entre a Deputación Provincial da Coruña e o concello de Muros para cofinanciar o proxecto "Acondicionamento da contorna do Lavadoiro do Chalón"

22. Aprobación do convenio entre a Deputación Provincial da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística Fragas do Eume no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU

23. Aprobación do convenio entre a Deputación Provincial da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística en destino Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Nextgeneration EU

 

Comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior

24. Aprobación da toma de coñecemento da información do período medio de pago a provedores (PMP) e da relación detallada das facturas pagadas pola Deputación provincial, polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, correspondente a maio de 2022.

25. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos número 3/2022 de aprobación polo Pleno.

26. Aprobación do Plan Xeral de Prevención de Riscos e de Medidas Anti-fraude da Deputación Provincial da Coruña (PLAN PREMADECOR)

27. Aprobación da aceptación da delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña para prestarlle servizos de control financeiro ao Concello de Dodro.

28. Aprobación dos estados demostrativos da xestión recadatoria dos recursos doutros entes públicos e dos recursos propios do exercicio 2021. Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible

29. Dación de conta da RP Nº 27105 / 2022 do 8 de xuño, pola que se aproba o PROXECTO MODIFICADO Nº 2 DO PROXECTO VÍA VERDE TRAMO 2, Concello de ORDES, CÓDIGO 2020.8101.0002.1

30. Aprobación da formalización dun convenio administrativo entre a Excma. Deputación provincial da Coruña e a Unión de cooperativas ESPAZOCOOP para financiar o proxecto "Fomento do emprendemento en cooperativa e consolidación de cooperativas creadas", no marco do Plan de Emprego Local (PEL), anualidade 2022

31. Aprobación da formalización dun convenio administrativo entre a Excma. Deputación da Coruña e o Concello de Moeche para financiar o proxecto "Formación técnica e asesoramento do Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla", no marco do Plan de Emprego Local, anualidade 2022

 

ACTUACIÓN DE CONTROL:

MOCIÓNS

Moción do Grupo Provincial Marea Atlántica sobre o rei emérito

Moción do Grupo Provincial Marea Atlántica en apoio ao colectivo LGTBIQ

Moción que presenta o Grupo Provincial Popular da Deputación da Coruña sobre o novo mapa concesional de autobuses do goberno central.

Moción que presenta o Grupo Provincial Popular sobre a proposta ao goberno de España un plan de medidas urxentes extraordinarias en defensa das familias e a economía española.

Moción dos Grupos Provinciais do PSdeG-PSOE e BNG con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de junio de 2022)

Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE ante as graves dificultades que están a sufrir as explotacións produtoras de carne en Galicia.

ROGOS E PREGUNTAS

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax