00:00:00
 +/- 20s

Pleno ordinario 28-03-2025

Canal Plenos
Título Pleno ordinario 28-03-2025
 
Órgano Pleno
  (Mandato 2023 - 2027)
 
Data 28 de Marzo de 2025, 12:06
Duración 1h. 14m.
 

Orde do día dos asuntos a tratar no Pleno ordinario que terá lugar o venres, 28 de marzo de 2025, ás 12:00 horas.

 

ASUNTOS

 

Información e actas

1. Aprobación da acta da sesión anterior, número 2/2025, do 28 de febreiro de 2025.

2. Dación de conta das Resolucións da Presidencia desde o 16 de febreiro de 2025 ata o 21 de marzo de 2025.

 

Comisión de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís

3. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao concello de Santiago paracofinanciar o sostemento o Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche durante o ano 2024

4. Aprobación da modificación das cláusulas VII e XIII relativas aos prazos de execución,xustificación e vixencia do Convenio subscrito coa Universidade da Coruña para financiar os proxectos: Programa "Arrol-arte" coidados e autocoidados feministas, Programa de liderado con perspectiva feminista, Puntos violeta e outros

5. Aprobación da modificación das cláusulas VII e XIII relativas aos prazos de execución,xustificación e vixencia do Convenio subscrito coa Universidade da Coruña para financiar o proxecto "Unidade de atención á diversidade"

6. Aprobación da concesión dunha subvención nominativa ao concello de Santiago paracofinanciar o sostemento dos centros Socioculturais do ámbito rural durante o ano 2024

 

Comisión de Política Social, Educación e Mocidade

7. Aprobación da modificación do prazo de vixencia do convenio de subvención nominativa á Asociación Saúde Mental Ferrol Eume e Ortegal Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental para cofinanciar o Anexo 1 ao Proxecto básico e de execución dun edificio para unidade residencial para persoas con enfermidade mental: Oficina de atención ao público. 

 

Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamentos

8. Aprobación do texto e a formalización do Convenio de Cooperación entre a ExcelentísimaDeputación Provincial da Coruña e o Concello de Melide polo que se instrumente unha subvención nominativa para cofinanciar as obras de mellora da pavimentación e seguridade vial na rúa Alfredo Álvarez González e outros, Melide, cunha achega provincial de 239.999,96 euros con cargo á aplicación orzamentaria 0112/1532/76201 o que representa un coeficiente de financiamento do 80,00 % respecto dun orzamento de 299.999,96 euros.

9. Aprobación da segunda prórroga da fase 2 do contrato de modernización dainsfraestructura do centro de proceso de datos (CPD) da Deputación Provincial da Coruña e creación do centro de respaldo. Código expediente: PCO.001.2018.00425, consistente nos servizos de soporte e mantemento proactivo e de soporte a operación, que será realizada polo adxudicatario do contrato principal INTERNACIONAL PERIFÉRICOS Y MEMORIAS ESPAÑA, S.L.U.

 

Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital

10. Dación de conta do Informe Anual de Auditoría do Rexistro contable de facturas da Deputación Provincial da Coruña exercicio 2024.

11. Dación de conta da remisión da relación de convenios do ano 2024 e determinados expedientes de convenios á Plataforma de Rendición de Contas.

12. Dación de conta da remisión da relación de contratos do ano 2024 e determinados expedientes de contratación á Plataforma de Rendición de Contas.

13. Dación de conta da remisión das asignacións pagadas aos grupos políticos provinciais no ano 2023 e 2024 á Plataforma de Rendición de Contas.

14. Dación de conta do informe-resumo emitido polo órgano interventor ao abeiro do disposto no artigo 37 do Regulamento do réxime xurídico do control interno das entidades do sector público local.

15. Dación de conta do Informe Anual de Auditoría do Rexistro contable de facturas do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña do exercicio 2024.

16. Aprobación inicial da valoración de postos de traballo e sobre a relación de postos de traballo, o cadro de persoal, o organigrama e a modificación do anexo de persoal do orzamento inicial do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

17. Aprobación do I Convenio Colectivo para o persoal laboral operativo dos Parques de bombeiros dependentes do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

18. Dación de conta da liquidación definitiva do exercicio de 2024 ás entidades públicas usuarias dos servizos tributarios.

19. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Dumbría sobre a inspección do Imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa pola expedición de licencias urbanísticas. 

20. Aprobación da formalización do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Padrón na inspección do Imposto sobre actividades económicas e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións.

21. Dación de conta da Memoria de Recadación e Xestión Tributaria da Deputación da Coruña do 2024 ás entidades públicas usuarias dos servizos tributarios.

22. Aprobación inicial do Regulamento de Distincións e Honras da Excelentísima Deputación Provincial da Coruña.

23. Dación de conta da liquidación do orzamento do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña do exercicio 2024.

 

Comisión de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria

24. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Betanzos polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento da "Feira franca medieval de Betanzos" Comisión de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente

25. Aprobación da formalización dun convenio administrativo de colaboración co CONCELLO DE VALDOVIÑO para levar a cabo o proxecto "SENDA CICLABLE ENTRE VALDOVIÑO E TARAZA", financiado polo Programa DUS 5000, no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.

26. Aprobación da prórroga do prazo de execución do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (ACOTRADES) para cofinanciar o proxecto "Formación específica para novos condutores profesionais no sector do transporte por carretera na provincia da Coruña".

 

Comisión de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais

27. Aprobación do proxecto da obra "Reforzo de firme na DP 3203 Burricios a Pena de Martín punto quilométrico 0+000 ao 8+370 (OZA-CESURAS)", incluída no Plan de Vias Provinciais (VIPI) 2025

28. Aprobación do proxecto "Reformado DP 4701 de Castro á estrada N-634 ensanche e mellora da seguridade viaria punto quilométrico 0+923 ao 5+478 (MESIA)

29. Aprobación técnica do proxecto da obra Mellora da Seguridade Viaria na estrada DP-0503, Bordeiras ao porto de Suevos, punto quilométrico 1+000 ao 2+100 (ARTEIXO).

 

ACTUACIÓN DE CONTROL:

MOCIÓNS

Moción que presenta o Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á condonación da débeda das comunidades autónomas co Goberno do Estado. 

 

ROGOS E PREGUNTAS

Vídeos relacionados

Canles

link_to_download_wait
link_to_download_ajax